Non se trata só de se queremos ou non eólicos nos nosos montes, e das repercusións que poden ter nas nosas aldeas, o noso entorno, e os seres que o cohabitamos. Agora, trátase de algo moito máis básico, de facer efectivos os principios de: transparencia nos procesos, acceso real a unha información rigurosa e participación activa de todas as persoas.
Direccion Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Vicepresidencia Primeira e Conselleria de Economía Industria e Innovación
DENUNCIA DEFECTOS DE TRAMITACIÓN no expediente do proxecto do parque eólico Monte Peón, emprazado no concello de A Lama, provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2018/04).
Tendo como base de datos os que figuran na RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, do proxecto do parque eólico Monte Peón e os mapas cartográficos oficiais:
As coordenadas da poligonal de delimitación, comprobase que dita poligonan colle a moitos particulares na parroquia de Antas, que pasarían a ser persoas interesadas.
No caso da propia CMVMC de Antas, o aeroxerador marcado no proxecto como MP-03 cae totalmente dentro do terreo da comunidade.
Todas estas persoas interesadas nunca foron informadas do proxecto antes de levar a público. Incumplindo:
A única referencia de unha exposición pública do proxecto do parque eólico “Monte Peón” no concello de A Lama que podemos atopar e dun documento do 13 de xaneiro do 2021. No que podemos leer:
Non poñemos en dúbida o que di este documento, pero é preciso contextualizalo no tempo:
O Goberno aprobou o 25 de outubro de 2020 declarar o estado de alarma en todo o territorio nacional para contener a propagación de infeccions causadas polo SARSCoV-2, inicialmete ata o día 9 de novembro do 2020, pero foi prorrogado ata o día 9 de mayo de 2021.
Lembremos que en esas datas todos os cidadans tíñamos restrinxidas as libertades de movimento
O Concello da Lama, que ten condición de administración pública ten a obriga de cumplir a:
Cada Administración disporá dun rexistro electrónico xeral en que se fará o correspondente asento de todo documento que sexa presentado ou que se reciba en calquera órgano administrativo, organismo público ou entidade vinculado ou dependente destes. Tamén se poderá anotar nel a saída dos documentos oficiais dirixidos a outros órganos ou particulares.
Os organismos públicos vinculados ou dependentes de cada Administración poderán dispor do seu propio rexistro electrónico plenamente interoperable e interconectado co Rexistro Electrónico Xeral da Administración de que depende.
O Rexistro Electrónico Xeral de cada Administración funcionará como un portal que facilitará o acceso aos rexistros electrónicos de cada organismo. Tanto o Rexistro Electrónico Xeral de cada Administración como os rexistros electrónicos de cada organismo cumprirán coas garantías e medidas de seguranza previstas na lexislación en materia de protección de datos de carácter persoal.
Si entramos na sede electrónica do Concello de A Lama (concellodalama.sedelectronica.es) podese comprobar que durante esas datas non se publicou absolutamente nada:
Si entramos na páxina web do Concello (concellodalama.com) tampouco atoparemos nada referente o proxecto de “Monte Peón”.
Podemos ver como estaba a web do concello usando a ferramenta temporal de “Internet Archive”, o 27 de Novembro do 2020 tampouco atoparemos nada. (Archive)
Na rede social do Condello en Facebook (“Páxina oficial do Concello de A Lama de información xeral para a veciñanza, NON PARA INTERACTUAR.”) tampouco figura nada. (Facebook Concello A Lama)
As únicas entradas sobre Monte Peón son:
Polo tanto o Concello non publicou nada de xeito electrónico cara a cidadanía, sobre dito proxecto durante esas datas.
Facendo outra vez uso da:
Si o fin último é someter a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de construcción e aprobación do proxecto do parque eólico “Monte Peón”, a exposición por parte do concello da Lama dun anuncio físico no taboleiro no propio concello, non facilitando dita información mediante ningún outro mecanismo durante as datas do estado de alarma, non se esta cumprindo. Isto supón un grave erro na tramitación que xera indefensión das persoas interesadas.
A tramitación de todo o expediente non cumple cas obrigas nin co espiríto do Convenio de Aarhus e da Lei 27/2006 na que se regulan os dereitos de acceso á información, participación pública e de acceso a xustiza en materia de medio ambiente.
A mera publicación nun boletín, ou ubicar un papel nun tabolerio é totalmente insuficiente para dar a coñecer proxectos de tanto calado.
Ante o anteriormente exposto e facendo novamente uso da:
Que se teña en conta as alegacións anteriormente expostas paralizanto o proxecto do parque eólico ata que sexa reparada a posibilidade real de aportar alegacións ó estudo de impacto ambiental por parte de toda a cidadanía en xeral e especialmente da veciñanza que vive arredor do Monte Peón.